jueves, 16 de julio de 2015
Miña primeira experiencia como casa de acollida dun cachorro TANTRA
O primeiro que quero dicir: que se vaian á merda os que venden e compran cachorros, e os que crearon os concursos de beleza porque iso só é puro diñeiro.
A miña primeira experiencia acollendo un cachorro da Protectora de Lugo... (non sei por onde empezar). Tantra é a miña cachorrita acollida, é unha cadela 10, nada incorrecto fixo no que levo convivindo con ela, e só ten 4 meses. Poucas veces estamos sen facer nada as tres Rula, Tantra e eu pero ás veces sentámonos no xardín e quedamos pensativas. Miro a Tantra e sempre me pregunto o mesmo (Que estará a pensar esta cachorrita?).
Nos meus anos de vida, sigo pensando o mesmo... e os actos dos humanos seguen reafirmando os meus pensamentos.
Párteseme a alma ao ver a Tantra e pensar que algún merda foi cruel cun ser vivo como ela que só dá cariño e compañía, algo que non damos importancia ata que o perdemos por completo.
POR FAVOR ADOPTA NON COMPRES. HAI CANS INCRIBLES QUE ESTÁN A MORRER DE PENA NAS CANCEIRAS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario