jueves, 2 de julio de 2015
1 de Xullo do 2015. NACEMENTO DUN SER MOI QUERIDO.
Non sei por onde empezar as 00:30 da noite do xoves 2 de xullo. Danme a noticia de que nacera un novo membro da familia e ninguén o esperábamos tan pronto!!! non mo podo crer. Ata que o vexa cos meus ollos non mo creo jajajja. Que emoción. Só me pasara con Noa. E xa fai dous aniños. Veñen a mente moitas preguntas: xa non somos os mesmos na familia, agora alguén máis e estamos todos ilusionados. Antes de coñecelo xa babeamos con el. xa o queremos como se levara anos con nos. Esto sí que me parece IMPRESIONANTE , ALUCINANTE. Creo que non hai palabras para expresar o que sinto. A nai está ben que era tamén a que máis me preocupaba. Agora a recuperarse e a empezar unha nova vida. E espero formar parte dela e ser alguén que lle inculque valores de verdade que nesta merda de sociedade perdéronse por completo. Deste nacemento sí que me alegro porque vai saír un gran home e un gran corazón. Xa TE QUERO e aínda non nos vimos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario