sábado, 28 de marzo de 2015
Josefa
Hoxe acordeime de ti, Josefa, unha muller dos pes a cabeza, unha heroína para min e para o mundo. Todos os dias viñas saudarme e facerme compañía, con moita voluntade. Deixabache a cadeira no fielato de San Fernándo e alí charlabamos das túas vivencias en Barcelona, da túa familia da aldea. Sempre con esa voceciña, e co teu corpo miudiño pero chea de forza que saía dos teus ollos. Como me acordo de ti Josefa. Por onde andarás, cas túas pegadas sinxelas e moi duras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario