viernes, 23 de enero de 2015

Entrada do ano 2015

Por fin, volvo o meu blog. Nestes meses pasaron cousas bastene importantes. Despedimos o meu avó Amable, o avó que me viu crecer, o avó da casa, o que me regalou a mellor amiga que podía ter: a miña primeira cadela Lili. Estes meses foron duros decembro 2014 xaneiro 2015. Moi duros, é o primeiro da casa que falta. A miña avoa Carmen, a de sempre, a da casa, ca que celebro o cumpleanos 5 e 7 de abril; sente a marcha do seu compañeiro durante moitos, moitos anos. Por outra banda, tamén me deron unha alegría inmensa, vou ser tita. E estou entusiasmada. Aínda o estou asimilando. Todas estas novidades son "complicadas" porque a túa vida continúa pero algo cambia para sempre. Espero que este ano todos os que quero con locura se encontren ben e sexan felices no posible. Sempre cun sorriso. Algo que volvo a ter pouco a pouco na miña cara. En canto a min, o meu corpo vai sufrir a mesma mutación ca miña alma, con moito sacrificio espero conseguilo. Teño medo, porque a dor é insoportable pero prefiro probar para ver se funciona. Teño ilusións, coñecin xenta estupenda e espero que me axuden de verdade porque senon tou perdida. Así que, agora despóis do baixón primeiro, de chorar, do medo, volvo a decirme "TI PODES". Un bico princesa.

No hay comentarios: