A MIÑA PAIXÓN
Hoxe non podía durmir e empecei a pensar en porque me gustaba tanto a fotografía. É como ter unha fortaleza e estar escondida nela, ao mesmo tempo que ves e observas cousas nun mundo do cal non formas parte nese momento. Encántame ser invisible e captar sentimentos que nunca veriamos cos nosos ollos. Grazas a miña Pentax, a miña Canón, a miña Panasonic e miña vella Konica
No hay comentarios:
Publicar un comentario